Felix Mendelssohn

[[Abraham Mendelssohn Jakob Ludwig Felix Mendelssohn Bartholdy máis coñecido como Felix Mendelssohn, nado en Hamburgo o 3 de febreiro de 1809 e finado en Leipzig o 4 de novembro de 1847, foi un pianista, director de orquestra e compositor de música clásica alemán. As súas composicións son representativas do período romántico. Era neto do filósofo Moses Mendelssohn e naceu no seo dunha destacada familia xudía, que máis tarde se converteu ao protestantismo, adoptando o apelido Mendelssohn-Bartholdy. Na súa infancia foi considerado un prodixio musical, pero os seus pais non trataron de sacar partido das súas habilidades. De feito, o seu pai declinou a oportunidade de que Felix seguise unha carreira musical ata que quedou claro que tiña a firme intención de dedicarse seriamente a ela.

Ao éxito en Alemaña seguiulle unha viaxe a través de toda Europa; Mendelssohn foi recibido particularmente ben en Inglaterra como compositor, director e solista e as súas dez visitas alí, durante as que estreou a maioría das súas obras, formaron unha parte importante da súa carreira adulta. Fundou o Conservatorio de Leipzig, un bastión da súa loita contra as perspectivas musicais radicais dalgúns dos seus contemporáneos.

As obras de Mendelssohn inclúen sinfonías, concertos, oratorios, aberturas, música para piano e música de cámara. Tamén tivo un importante papel no rexurdimento do interese na obra de Johann Sebastian Bach. Os seus gustos musicais esencialmente conservadores separárono de moitos dos seus contemporáneos máis aventurados, como Franz Liszt, Richard Wagner ou Hector Berlioz. Logo dun longo período de denigración debido ao cambio dos gustos musicais e o antisemitismo a finais do século XIX e comezos do XX, a súa orixinalidade creativa ten un bo recoñecemento, foi avaliada de novo e converteuse nun dos compositores máis populares do período romántico. Fornecido pela Wikipedia
Mostrando 1 - 11 resultados de 11 para a busca 'Mendelssohn, Felix.', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11