Ludwig van Beethoven

A casa de Beethoven, situada no 515 da Bonngasse, [[Bonn Ludwig van Beethoven, nado en Bonn o 16 de decembro de 1770 e finado en Viena o 26 de marzo de 1827, foi un célebre compositor, director de orquestra e pianista alemán. O seu legado musical abarca, cronoloxicamente, desde o período clásico ata inicios do romanticismo musical. É un dos compositores máis importantes da historia da música e o seu legado influíu de forma decisiva na música posterior.

Foi autor de multitude de obras entre as que destacan as ''nove sinfonías''. Considerado o último gran representante do clasicismo vienés (logo de Christoph Willibald Gluck, Joseph Haydn e Wolfgang Amadeus Mozart), Beethoven conseguiu facer transcender a música do romanticismo, influíndo en diversidad de obras musicais do século XIX. A súa arte expresouse en numerosos xéneros e aínda que as sinfonías foron a fonte principal da súa popularidade internacional, o seu impacto resultou ser principalmente significativo nas súas obras para piano e música de cámara.

A súa produción inclúe os xéneros pianísticos (trinta e dúas sonatas para piano), de cámara (dezaseis cuartetos de corda, sete tríos, dez sonatas para violín e piano), vocal (''lieder'' e unha ópera), concertante (cinco concertos para piano e orquestra, un concerto para violín e orquestra), dúas misas e orquestal (nove sinfonías, aberturas etc.), entre as que se atopa o ciclo das ''Nove Sinfonías''. Fornecido pela Wikipedia
Mostrando 1 - 40 resultados de 549 para a busca 'Beethoven, Ludwig van,', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
  12. 12
  13. 13
  14. 14
  15. 15
  16. 16
  17. 17
  18. 18
  19. 19
  20. 20
  21. 21
  22. 22
  23. 23
  24. 24
  25. 25
  26. 26
  27. 27
  28. 28
  29. 29
  30. 30
  31. 31
  32. 32
  33. 33
  34. 34
  35. 35
  36. 36
  37. 37
  38. 38
  39. 39
  40. 40