Hector Berlioz

Opéra Louis Hector Berlioz, nado o 11 de decembro de 1803 en La Côte-Saint-André e finado o 8 de marzo de 1869 en París, foi un compositor e director de orquestra francés. Foi unha figura destacada no desenvolvemento do romanticismo. É especialmente coñecido pola súa ''Sinfonía fantástica'', estreada en 1830, e o ''Réquiem'', estreado en 1837, así como pola súa extraordinaria utilización da orquestra sinfónica, que incluía catro grupos de metais "antifonais". É considerado o primeiro músico romántico de Francia e o creador da instrumentación moderna. Co ''Grand traité de l'instrumentation et d'orchestration modernes'' (1844) influíu sobre as xeracións posteriores, e especialmente sobre os músicos rusos do Grupo dos Cinco. A música e a vida de Berlioz encarnan os ideais románticos máis que os de calquera outro compositor, excepto Liszt. A súa orixinal imaxinación, as súas concepcións grandiosas e a súa extraordinaria calidade para a orquestra achegaron unha nova cor á música. Berlioz, o primeiro gran compositor que non era intérprete, converteuse nun dos primeiros directores modernos, e nun crítico perspicaz. Separadamente da ''Sinfonía fantástica'', as obras de Berlioz escoitáronse moi pouco ata a década de 1880, cando en Francia se recuperaron como antídoto contra Wagner. A partir de 1960 escoitouse moito a súa música, aínda que as dificultades loxísticas aínda impiden a interpretación normal dalgunhas das súas obras.

Fillo máis vello dun doutor de provincias, esperábase que Berlioz seguira os pasos de seu pai na medicina, e asistiu á escola de medicina parisiense antes de desafiar á súa familia ao adicarse á música como profesión. A súa mentalidade independente e o seu rexeitamento a seguir as regras e fórmulas tradicionais puxérono en desacordo co establecemento musical conservador de París. Moderou brevemente o seu estilo, o suficiente para gañar o máis importante premio musical de Francia – o Prix de Rome – en 1830, mais aprendeu pouco dos académicos do Conservatorio de París. A opinión estivo dividida durante moitos anos entre aqueles que o consideraban un xenio orixinal e os que consideraban que a súa música carecía de forma e coherencia.

Aos 24 anos, Berlioz namorouse da actriz shakespeariana irlandesa Harriet Smithson, á que acosou ata que ela finalmente o aceptou sete anos despois. O seu matrimonio foi inicialmente feliz, mais finalmente fracasou. Harriet inspirou o seu primeiro grande éxito, a ''Sinfonía fantástica'', na que se presenta unha visión idealizada dela.

Berlioz completou tres óperas, a primeira das cales, ''Benvenuto Cellini'', foi un completo fracaso. A segunda, a grande epopea ''Les Troyens'' (Os Troianos), era tan grande en escala que nunca foi representada en vida do compositor. A súa última ópera, ''Béatrice et Bénédict'' – baseada na comedia de Shakespeare ''Much Ado About Nothing'' – foi un éxito na súa estrea, mais non entrou no repertorio operístico regular. Con só éxitos ocasionais en Francia como compositor, Berlioz recorreu cada vez máis á dirección, na que gañou reputación internacional. Foi altamente aprezado en Alemaña, o Reino Unido e Rusia, tanto como compositor como director. Para complementar os seus ingresos escribiu xornalismo musical durante boa parte da súa carreira; parte del foi conservado en forma de libro, incluído o seu ''Traité d'instrumentation et d'orchestration'' (1844), que foi influente nos séculos XIX e XX. Berlioz morreu en París aos 65 anos de idade. Fornecido pela Wikipedia
Mostrando 1 - 40 resultados de 82 para a busca 'Berlioz, Hector,', tempo de consulta: 1.69s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
  12. 12
  13. 13
  14. 14
  15. 15
  16. 16
  17. 17
  18. 18
  19. 19
  20. 20
  21. 21
  22. 22
  23. 23
  24. 24
  25. 25
  26. 26
  27. 27
  28. 28
  29. 29
  30. 30
  31. 31
  32. 32
  33. 33
  34. 34
  35. 35
  36. 36
  37. 37
  38. 38
  39. 39
  40. 40