Elvis Presley

Disco de vinilo co tema «Blue Moon of Kentucky», gravado por Elvis en 1954 na compañía [[Sun Records Elvis Aaron Presley, máis coñecido por Elvis Presley ou polo seu nome de pía Elvis, e como o Rei do Rock and Roll, ou simplemente o Rei, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante e actor norteamericano. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do século XX.

Cando tiña 13 anos, trasladouse coa súa familia a vivir a Memphis, Tennessee. A súa carreira musical comezou en 1954 cando gravou para Sun Records co produtor Sam Phillips, quen quería levar o son da música afroamericana a unha audiencia máis numerosa. Acompañado polo guitarrista Scotty Moore e o baixista Bill Black, Presley foi un pioneiro do rockabilly, un estilo de tempo rápido impulsado por un constante ritmo que consiste nunha fusión de música country e rhythm and blues. En 1955, o batería D. J. Fontana uniuse ao grupo para completar a formación clásica do cuarteto de Presley, e RCA Victor adquiriu o seu contrato nun acordo disposto polo coronel Tom Parker, quen sería o seu representante durante máis de dúas décadas. O primeiro disco sinxelo de Presley foi ''Heartbreak Hotel'', lanzado en xaneiro de 1956 e que chegou a ser número un nos Estados Unidos. Cunha serie de aparicións exitosas nas cadeas televisivas e gravacións que chegaron ao máis alto das listas, converteuse na figura líder do novo son popular do rock and roll. As súas enérxicas interpretacións das cancións e o seu estilo sexualmente provocativo no escenario, combinado cunha singularmente potente mestura de influencias da música negra nunha época de loita polos dereitos civís da poboación afroamericana, fixérono enormente popular e controvertido.

En novembro de 1956, estreouse no cine na película ''Love Me Tender''. Alistado no servizo militar en 1958, relanzou a súa carreira dous anos máis tarde con algúns dos seus maiores éxitos comerciais. Porén, fixo poucos concertos en vivo e, guiado por Parker, dedicou gran parte da década de 1960 a facer películas en Hollywood e álbums de bandas sonoras, moitas delas amplamente criticadas. En 1968, logo de sete anos sen concertos en vivo, reapareceu no escenario no aclamado programa especial televisivo ''Elvis'', que o levou a dar un amplo número de concertos en Las Vegas e a unha serie de xiras moi rendibles. En 1973, Presley foi o protagonista do primeiro concerto dun artista solista que foi emitido vía satélite para todo o planeta, ''Aloha from Hawaii''. Anos de abuso de medicamentos receitados comprometeron seriamente a súa saúde, morrendo repentinamente en 1977 na súa mansión de Graceland cando tiña 42 anos.

Presley é un dos máis célebres e influentes músicos do século XX. Logrou o éxito comercial en moitos xéneros, incluíndo pop, country, blues e gospel. É o cantante solista con máis vendas en toda a historia da música gravada. Ganou tres premios Grammy e recibiu outro pola súa carreira artística cando tiña 36 anos, e está en múltiples salóns da fama musical. Cando morreu vendera 200 000 000 de discos e conseguira 129 discos de ouro. Interpretou 31 filmes, relacionados case todos eles co mundo da canción. Fornecido pela Wikipedia
Mostrando 1 - 19 resultados de 19 para a busca 'Presley, Elvis,', tempo de consulta: 0.58s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
  12. 12
  13. 13
  14. 14
  15. 15
  16. 16
  17. 17
  18. 18
  19. 19