Kiri Te Kanawa

Dame Kiri Te Kanawa (ˌkɪri ti- ˈkɑːnəwə), DBE, nada en Gisborne (Illa Norte, Nova Zelandia) o 6 de marzo de 1944, rexistrada ao nacer co nome Claire Mary Teresa Rawstron, é unha cantante de ópera (de tesitura soprano) neozelandesa-irlandesa-maorí. A soprano é considerada unha suprema expoñente da súa xeración en papeis de Wolfgang Amadeus Mozart e Richard Strauss, con incursións de éxito no repertorio de Giuseppe Verdi, Georg Friedrich Händel e a música francesa. De gran beleza física e porte que a fixo ideal para encarnar princesas, condesas e personaxes nobres, a súa voz, de textura e timbre facilmente recoñecibles convertérona nunha das máximas divas dos anos oitenta.

Estímase que en 1981 foi vista e escoitada por uns 600 millóns de persoas en todo o mundo cando interpretou a aria "Let the Bright Seraphim", de Händel, na voda de Carlos, Príncipe de Gales e Lady Diana Spencer. Fornecido pela Wikipedia
Mostrando 1 - 7 resultados de 7 para a busca 'Kanawa, Kiri Te,', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7