Constantin Stanislavski

Stanislavski actuando nunha obra de Pushkin en 1888 Constantin Sergeievich Stanislavski ou Konstantin Stanislavski (en ruso Константи́н Серге́евич Станисла́вский), nado en Moscova o 17 de xaneiro de 1863 e finado na mesma cidade o 7 de agosto de 1938, foi un actor e director de teatro ruso. O seu sistema interpretativo converteuse nun dos máis recoñecidos internacionalmente, especialmente no período posterior á segunda guerra mundial.

Ao longo da súa carreira Stanislavski reformulou o seu propio labor como actor por medio dun rigoroso proceso de reflexión e autoanálise artística, ao considerar a acción de actuar como un esforzo continuo que requiría dedicación, disciplina e integridade na procura do afondamento psicolóxico dos personaxes e na investigación das afinidades entre o mundo interior do personaxe e o do actor. O desenvolvemento dunha praxe teorizada, na cal a práctica era un modo de investigación e a teoría un catalizador para o desenvolvemento do creativo, convertérono nunha das grandes figuras do teatro moderno. O traballo de Stanislavski foi importante na expansión do realismo socialista na Unión Soviética como tamén o foi no realismo psicolóxico nos Estados Unidos.. Escribiu diversos libros sobre o traballo do actor e mais unha autobiografía. Fornecido pela Wikipedia
Mostrando 1 - 2 resultados de 2 para a busca 'Stanislavski, Constantin,', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2