Pauline Kael

Pauline Kael (|keɪl|), nada en Petaluma (California) o 19 de xuño de 1919 e finada en Great Barrington (Massachusetts) o 3 de setembro de 2001, foi unha crítica de cinema estadounidense que escribiu na revista ''The New Yorker'' entre 1968 e 1991. Kael foi célebre polas súas críticas "enxeñosas, mordaces, altamente nesgadas e rapidamente enfocadas", opinións moitas veces contrarias ás dos seus contemporáneos. Foi unha das críticas de cinema máis influentes do seu tempo.

Deixou unha duradeira impresión en varios críticos destacados. Roger Ebert indicou nun obituario que "tiña unha influencia máis positiva no ambiente do cinema dos Estados Unidos que calquera outro individuo nas últimas tres décadas". Kael, dixo, "non tiña teoría, nin regras, nin guías, nin padróns obxectivos. Non podías aplicar a súa 'aproximación' a un filme. Con ela, todo era persoal". Owen Gleiberman dixo que ela "foi máis que unha grande crítica. Reinventou a forma e foi pioneira dunha estética completa da escritura". Fornecido pela Wikipedia
Mostrando 1 - 2 resultados de 2 para a busca 'Kael, Pauline.', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2