Julian Huxley

200px|miniatura|[[Thomas Henry Huxley|Thomas Henry e Julian Huxley en 1895.]] Julian Sorell Huxley, nado en Londres o 22 de xuño de 1887 e finado o 14 de febreiro de 1975, foi un biólogo, escritor, humanista e internacionalista británico, coñecido polas súas contribucións á popularización da ciencia a través de libros e conferencias. Foi o primeiro director da Unesco e foi nomeado cabaleiro británico en 1958.

Huxley formaba parte dunha familia distinguida. O seu irmán era o escritor Aldous Huxley, e era medio irmán doutro biólogo, o premio Nobel Andrew Huxley; o seu pai foi o escritor e editor Leonard Huxley; e o seu avó paterno foi o biólogo Thomas Henry Huxley, famoso por ser colega e apoiar a Charles Darwin. O seu avó materno foi o académico Tom Arnold. Fornecido pela Wikipedia
Mostrando 1 - 3 resultados de 3 para a busca 'Huxley, Julian,', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3