Joseph Haydn

Catedral de Santo Estevo Franz Joseph Haydn (), coñecido como Joseph Haydn, nado en Rohrau an der Leitha (actualmente en Austria e daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico) o 31 de marzo de 1732 e finado en Viena o 31 de maio de 1809, foi un compositor austríaco. Considerado un dos compositores máis prolíficos do Clasicismo, é frecuentemente chamado "O Pai da Sinfonía" e "O Pai do Cuarteto de Corda" polas súas importantes achegas a estas formas. Tamén contribuíu ao desenvolvemento instrumental do trío con piano e na evolución da forma sonata.

Viviu a meirande parte da súa vida en Austria, e desenvolveu boa parte da súa carreira como músico de corte para a rica familia Esterházy de Hungría, para os que escribiu as súas obras para barítono. Illado doutros compositores e tendencias musicais ata a parte final da súa vida, estivo, segundo dixo, "forzado a ser orixinal". Na época da súa morte, era un dos compositores máis célebres de Europa.

Joseph Haydn era irmán de Michael Haydn, que foi considerado un bo compositor, e Johann Evangelist Haydn, que foi tenor. Mantivo unha estreita amizade con Wolfgang Amadeus Mozart (de quen mesmo se pensa que chegou a ser mentor) e foi mestre de Ludwig van Beethoven. Fornecido pela Wikipedia
Mostrando 1 - 40 resultados de 143 para a busca 'Haydn, Joseph,', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
  12. 12
  13. 13
  14. 14
  15. 15
  16. 16
  17. 17
  18. 18
  19. 19
  20. 20
  21. 21
  22. 22
  23. 23
  24. 24
  25. 25
  26. 26
  27. 27
  28. 28
  29. 29
  30. 30
  31. 31
  32. 32
  33. 33
  34. 34
  35. 35
  36. 36
  37. 37
  38. 38
  39. 39
  40. 40