Gabriel García Márquez

Placa conmemorativa no [[Hôtel des 3 Collèges Gabriel José de la Concordia García Márquez, máis coñecido como Gabriel García Márquez (), (13px [//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/d7/Es-Gabriel_Garcia_Marquez.ogg escoitar]), nado en Aracataca o 6 de marzo de 1927 e finado en Cidade de México o 17 de abril de 2014, foi un escritor, xornalista, editor e activista político colombiano. Estudou dereito e xornalismo na Universidade Nacional de Colombia e iniciou as súas colaboracións xornalísticas no diario ''El Espectador''. Foi coñecido como Gabo, ou Gabito, polos seus familiares e amigos (hipocorístico guajiro para ''Gabriel''), desde que o seu compañeiro do diario bogotano ''El Espectador'', José Salgar, comezase a chamalo así.. Recoñecido polas súas novelas e contos, tamén escribiu narrativa de non ficción, discursos, reportaxes, críticas cinematográficas e memorias. É considerado un dos autores máis significativos do século XX, especialmente en lingua española. Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1982, segundo a laudatoria da Academia Sueca ''polas súas novelas e historias curtas, nas que o fantástico e o real son combinados nun tranquilo mundo de imaxinación rica, reflectindo a vida e os conflitos dun continente''.

Xunto a Julio Cortázar, Mario Vargas Llosa e Carlos Fuentes, foi un dos expoñentes centrais do ''boom'' latinoamericano. Tamén está considerado un dos principais autores do realismo máxico, e a súa obra máis coñecida, a novela ''Cien años de soledad'', é considerada unha das máis representativas desa corrente literaria, e mesmo se considera que ao éxito da novela débese que o termo se aplique á literatura xurdida a partir de 1960 en Latinoamérica.

Ademais do seu talento literario, na obra de García Márquez aparecen reflectidas as súas ideas políticas. Un exemplo da súa participación política é a súa amizade co líder cubano Fidel Castro . Fornecido pela Wikipedia
Mostrando 1 - 40 resultados de 104 para a busca 'García Márquez, Gabriel,', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
  12. 12
  13. 13
  14. 14
  15. 15
  16. 16
  17. 17
  18. 18
  19. 19
  20. 20
  21. 21
  22. 22
  23. 23
  24. 24
  25. 25
  26. 26
  27. 27
  28. 28
  29. 29
  30. 30
  31. 31
  32. 32
  33. 33
  34. 34
  35. 35
  36. 36
  37. 37
  38. 38
  39. 39
  40. 40