Mário de Andrade

Río de Xaneiro Mário Raul Morades de Andrade, nado en São Paulo o 9 de outubro de 1893 e finado no mesmo lugar o 25 de febreiro de 1945, foi un poeta, escritor, crítico literario, musicólogo, folclorista, ensaísta e fotógrafo do Brasil. Co seu libro ''Pauliceia Desvairada'' (1922), foi un dos pioneiros da poesía brasileira moderna. Tamén foi un dos primeiros investigadores do seu país no campo da etnomusicoloxia.

De Andrade foi unha figura central das vangardas en São Paulo. Músico adestrado e máis coñecido como poeta e novelista, Mario de Andrade estivo persoalmente envolvido en practicamente todas as disciplinas que estiveron relacionadas co modernismo en São Paulo, tornándose o polímata nacional do Brasil.. As súas fotografías e os seus ensaios, que cubrían unha ampla variedade de asuntos, da historia á literatura e á música, foron amplamente divulgados na prensa da época. Andrade foi a forza motriz por tras da Semana de Arte Moderna, evento ocorrido en 1922 que reformulou a literatura e as artes visuais no Brasil, sendo un dos integrantes do "Grupo dos Cinco". As ideas por tras da Semana serían mellor delineadas no prefacio do seu libro de poesía ''Pauliceia Desvairada'' e nos propios poemas.

Despois de traballar como profesor de música e columnista de xornal publicou a súa maior novela, ''Macunaíma'', en 1928. Mario de Andrade continuou a publicar obras sobre música popular brasileira, poesía e outros temas de forma desigual, sendo interrompido varias veces debido ao seu relacionamento inestábel co goberno brasileiro. No fin da súa vida, tornouse o director-fundador do Departamento Municipal de Cultura de São Paulo formalizando o papel que el desempeñara durante moito tempo como catalisador da modernidade artística na cidade e no país. Fornecido pela Wikipedia
Mostrando 1 - 40 resultados de 137 para a busca 'Andrade, Mário de,', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
  12. 12
  13. 13
  14. 14
  15. 15
  16. 16
  17. 17
  18. 18
  19. 19
  20. 20
  21. 21
  22. 22
  23. 23
  24. 24
  25. 25
  26. 26
  27. 27
  28. 28
  29. 29
  30. 30
  31. 31
  32. 32
  33. 33
  34. 34
  35. 35
  36. 36
  37. 37
  38. 38
  39. 39
  40. 40